'Fame de experiencias' acada o seu premio internacional número 13 nun festival grego
Por Redacción
Trece son os premios que acumula xa o audiovisual da campaña Fame de Experiencias, impulsada en 2019 pola Deputación de Pontevedra. O último recoñecemento logrouno na undécima edición do festival internacional de cine turístico da illa de Amorgos (Grecia).
O vídeo, creado pola produtora Esmerarte, obtivo o premio de ouro ao mellor produto turístico en turismo gastronómico, impoñéndose ao resto das candidaturas.
O Amorgos Tourism Film Festival está integrado na rede mundial do Comité Internacional dos Festivais de Filmes de Turismo, que escolle o mellor audiovisual de turismo do mundo.
En concreto, o festival grego ten como obxectivos poñer en valor a excelencia dos vídeos promocionais turísticos que se lanzan en todo o planeta e premiar a aqueles que serven de inspiración no desenvolvemento turístico dos destinos.
Fame de experiencias é un audiovisual centrado no turismo sostible ligado á terra, á natureza, ao produto autóctono, ás materias primas e aos produtores da provincia de Pontevedra.
Xunto con este premio, o vídeo acumula outros doce galardóns conseguidos en festivais de Madrid, Berlín, Nova York, Los Angeles, Bulgaria, Riga, Serbia, Turquía, Croacia ou Portugal.
Relacionadas:
-
E o Óscar turístico World Tourism Film Awards é para... 'Fame de experiencias?', vídeo promocional da Deputación
Por Redacción |
-
O Plan Estratéxico de Turismo 2021-2023 quere converter ás Rías Baixas nun destino intelixente
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno provincial é "optimista" e prepara unha "potente campaña" de promoción turística
Por Oskar Viéitez |
-
A campaña turística "Fame de experiencias" alcanza a docena de premios internacionais
Por Redacción |
-
A campaña "Fame de experiencias" obtén o seu décimo recoñecemento internacional
Por Redacción |
-
A Deputación prepara unha campaña de promoción turística pensada no outono
Por Oskar Viéitez |