"Só as vítimas e as súas familias coñecen o sufrimento que hai detrás de cada accidente"
Por Redacción
No que vai de ano, 21 persoas perderon a vida nas estradas da provincia. Todos elas están este domingo na nosa memoria colectiva, coincidindo co día mundial no que se recorda ás vítimas dos accidentes de tráfico.
"Este domingo é un día para a lembranza. Só as vítimas e as súas familias coñecen o sufrimento e drama que se agocha detrás de cada accidente de tráfico", asegurou a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, con motivo desta xornada conmemorativa.
En total, foron 19 os accidentes con vítimas mortais rexistrados en Pontevedra durante 2020. Neles faleceron esas 21 persoas, as mesmas que no mesmo período do ano pasado.
A pesar de que se reduciu nun 29% os accidentes con vítimas, Larriba reitera que "cando falamos de mortos, ningunha cifra é aceptable", polo que entende que hai que seguir traballando para reducir a sinistralidade viaria e respectar as normas de tráfico.
Os accidentes con feridos tamén reflicten unha boa dinámica de baixada, neste caso dun 39%, pero a dirixente gobernativa subliña que "temos que seguir sendo prudentes porque aínda nos falta mes e medio para rematar o ano e son datas nas que se viaxa moito".
A subdelegada volveu destacar ademais a importancia de prestar atención aos usuarios vulnerables, xa que apuntou que moitas das vítimas mortais eran peóns e usuarios de ciclomotores e motocicletas. Foron sete en total, entre os tres colectivos.
Segundo a ONU, máis dun millón de persoas perden a vida na estrada cada ano no mundo, o que supón dúas mortes cada minuto. En España, 1.755 persoas faleceron no 2019 e 8.613 persoas requiriron hospitalización como consecuencia dos accidentes de tráfico.
Estas cifras deixan no noso país una media diaria de cinco falecementos e 36 feridos.
Relacionadas:
-
Os accidentes con algún tipo de ferido descenderon nun 27 % durante o ano 2020 nas estradas provinciais
Por Oskar Viéitez |
-
Morre atropelada por un coche de alta gama que se deu á fuga en Vilanova de Arousa
Por Redacción |
-
Un falecido e un ferido de consideración nun accidente de madrugada en Caldas de Reis
Por Redacción |
-
Os cinco ocupantes dun turismo resultan feridos nun accidente en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Unha persoa falece e tres resultan feridas nun accidente que se rexistraba a medianoite na Illa de Arousa
Por Redacción |