Unha sociedade estatal sondea a posibilidade de desenvolver solo industrial en Cuntis
Por Redacción
A sociedade Suelo Empresarial del Atlántico está a estudar proxectos de desenvolvemento de solo industrial onde exista demanda empresarial. Ese traballo de análise levounos ata Cuntis, para tratar co alcalde a situación actual do municipio.
Manuel Campos mantivo un encontro con Beatriz Sestayo, presidenta desta sociedade que depende maioritariamente do Ministerio de Transportes, para coñecer de forma pormenorizada as posibilidades de desenvolvemento de chan empresarial.
Os técnicos da sociedade mantiveron ademais reunións con empresarios da comarca, para poder coñecer as súas necesidades en canto a solo industrial, xa que un dos obxectivos deste traballo é constatar a existencia dunha demanda real no mercado da zona.
Tras a reunión, os dirixentes de Suelo Empresarial del Atlántico acordaron co Concello intercambiar a documentación necesaria para analizar as posibles actuacións.
Suelo Empresarial del Atlántico xestiona actualmente 13 parques empresariais en Galicia, entre eles os de Vilanova de Arousa e Catoira, que suman máis de 4 millóns de metros cadrados e nos que se sitúan máis dun centenar de empresas.
Relacionadas:
-
O alcalde de Cuntis pide "axilidade" á Xunta na posta a disposición de solo industrial
Por Oskar Viéitez |
-
Reunión telemática para avanzar no futuro polígono industrial de Cuntis
Por Redacción |
-
Concello e comerciantes de Cuntis reparten bonos de desconto para impulsar o comercio local
Por Redacción |
-
Pechan o vial principal do polígono da Ran por obras
Por Redacción |
-
Cuntis avanza no desenvolvemento do polígono da Ran
Por Redacción |
-
O pleno de Cuntis saca a concurso a remodelación do vial do polígono da Ran
Por Redacción |