O CEIP A Xunqueira I estrea o primeiro mural do programa "O teu cole na historia"

Por Redacción
O primeiro mural do proxecto municipal "O teu cole na historia" xa está terminado. A falta dos últimos retoques, a entrada do CEIP A Xunqueira I xa loce o seu novo 'escudo'.
Elaborado por Quique Mauricio e Carlos Taboada, integrantes de Polo Correo do Vento, o mural está inspirado no ámbito natural que circunda ao centro educativo, con elementos tan identitarios como os seus paxaros, a súa fauna e a súa flora.
Este mural, que ten un tamaño de 2x2 metros, forma parte dun conxunto de intervencións que servirán para dar unha imaxe común dos colexios participantes na iniciativa.
O obxectivo do programa é conseguir que o alumnado se identifique co seu centro escolar e coa cidade a través da realización destas obras artísticas.
Relacionadas:
-
Novo mural para o CEP de Campolongo con homenaxe á mestra e poeta Aurora Vidal
Por Redacción |
-
O mural do proxecto "O teu cole na historia" xa loce no CEIP A Xunqueira II
Por Redacción |
-
Cando a igualdade impregna os propios muros do colexio
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Os colexios de Pontevedra encheranse de murais para dar a coñecer a súa historia
Por Redacción |