Colisión frontal entre un coche e un camión en Caldas de Reis
Por Oskar Viéitez
Ás 16:20 horas o 112 informou dun accidente de tráfico en Caldas de Reis.
Unha colisión frontal entre un camión e un turismo na estrada N-640 á altura do quilómetro 232 na parroquia de Godos.
Como consecuencia do forte impacto unha persona quedou atrapada no interior do coche. Trátase dun hombre J.P.B., de 58 anos, en estado grave,que presentaba fracturas nas dúas pernas, segundo informan fontes do 112.
O equipo de excarcelación logrou rescatar ao conductor do coche contra as 17.00 horas e foi trasladado a un centro hospitalario no helicóptero do 112 con base en Santiago.
Ademais foron alertados os Bombeiros do Salnés, unha ambulancia medicalizada de Urxencias Galicia, Protección Civil de Caldas de Reis e a Garda Civil.
O accidente cortou temporalmente un carril ao tráfico neste punto da vía.