Gonzalo Caballero pide apoio a uns Orzamentos "positivos" para Galicia e que baixarán as peaxes da AP-9
Por Manu Otero
O secretario xeral do Partido Socialista de Galicia, Gonzalo Caballero, estivo este venres en Pontevedra para pedir o apoio a todas as forzas políticas ao proxecto de Orzamentos Xerais do Estado que, ao seu entender, son "fundamentais" para "salvar á xente ante os riscos que implica a maior crise social, sanitaria e económica que coñecemos".
Acompañado polos senadores da provincia Marica Adrio e Modesto Pose, así como a subdelegada do Goberno, Maica Larriba; e o tenente de alcalde de Pontevedra, Tino Fernández; Caballero remarcou que "o Goberno progresista ten proxectado uns orzamentos para priorizar ás persoas e que ninguén quede atrás". Defendeu o líder socialista o carácter social dunhas contas que contempla a subida do salario dos funcionarios, das pensións e o incremento das axudas para educación e igualdade.
No ámbito territorial, tamén asegura Caballero que o proxecto é beneficioso para a comunidade autónoma porque "adican máis fondos a cada galego que a cada madrileño, vasco ou catalán", declarou situando en 308 euros o gasto medio por cada galego en comparación cos 258 euros da media do conxunto de España.
En concreto, o líder da oposición no Parlamento Galego destacou que "hai 63 millons de euros para bonificacións na AP-9. Será a maior baixada da historia e vaise resolver cun goberno progresista", subliñou.
Con respecto aos investimentos previstos para a cidade de Pontevedra, Caballero lembrou as palabras do alcalde Fernández Lores que recoñeceu que eran positivas para a capital da provincia para ceder a continuación a palabra ao líder da agrupación local, Tino Fernández, quen puxo en valor que se dediquen fondos á reforma do nó de bombeiros, a terminar a A-57 e o compromiso para transferir ao Concello a titularidade do edificio de Facenda.
Sobre o posicionamento en contra dos orzamentos do BNG e PP no Congreso, Caballero apelou á responsabilidade de ambas as formacións para remar na mesma dirección e axudar a superar a crise. "Traballar contra estes orzamentos é unha liña política que só busca o caos e a ingobernabilidade. Por iso fago un chamamento a todas as forzas para que os apoien", sostén o mandatario socialista.
"O BNG cometeu un erro histórico ao opoñerse e ten que rectificar. Ata o alcalde de Pontevedra recoñeceu que era uns orzamentos positivos. O discurso das forzas progresistas non poder ser estar facéndolle o caldo de cultivo ao PP e Vox", recriminou aos nacionalistas, antes de convidar ao PP para "esquecer a política de boicot contra o Goberno".
Tamén tivo palabras o portavoz do PSOE en Galicia para os axentes sociais. "Tanto sindicatos como empresarios deben recoñecer a importancia duns orzamentos comprometidos co gasto público, tanto desde o ámbito do gasto, como de investimento ou investimentso territoriais".
Tampouco esquivou a polémica xurdida recentemente polo voto favorable de Bildu a estes orzamentos. "Pedimos a todas as forzas que os apoien. O importante é que España necesita uns orzamentos e que son positivos para todos", declarou antes de matizar que "o PSOE é un partido constitucional, constiucionalsita e que non se vai mover do seu constitucionalismo e do seu respecto a España", rematou.
Relacionadas:
-
Deputados pontevedreses do PP critican os PGE porque debería ser "menos ideolóxicos e máis útiles"
Por Redacción |
-
O PP presentará emendas ao orzamento do Estado para "garantir unha maior e mellor recuperación da provincia"
Por Oskar Viéitez |
-
Senadores do PP piden o "mesmo esforzo investidor" no Corredor Atlántico que no Mediterráneo
Por Redacción |
-
Maica Larriba defende os orzamentos "realistas" do Goberno e os 211 millóns para investimentos directos na provincia
Por Redacción |
-
O PP pide partidas específicas para o Ano Xacobeo nos Orzamentos Xerais do Estado
Por Oskar Viéitez |
-
Deputados e senadores do PP denuncian que os orzamentos xerais do Estado supoñen un retroceso para Pontevedra
Por Redacción |
-
O PSOE aplaude que os PGE 2021 atallan o "agravio" que sufría Pontevedra coa AP-9 e destinan un 30% máis de fondos á provincia
Por Redacción |
-
PGE 2021 | Lores ve "recollidos" os compromisos "amarrados" polo BNG e Domínguez considéraos "desilusionantes"
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada