Sanxenxo concienciará á súa poboación sobre a importancia de reciclar pola Semana Europea contra os Residuos
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo celebrará a Semana Europea contra os Residuos cunha campaña de sensibilización, entre o 21 e o 29 de novembro, consistente en conciencias á poboación sobre a importancia da reciclaxe a través de vídeos compartidos polas redes sociais.
O departamento que dirixe Juan Deza quere facilitar este labor aos seus veciños situando na alameda de Vilalonga un punto limpo móbil e a repartición de 200 composteiros domésticos, acompañados do material necesario para producir un compost de calidade, entre todos aqueles veciños que os soliciten nas oficinas de Medio Ambiente do Concello.
A campaña dedicará unha xornada á reciclaxe do aceite doméstico usado.
Sanxenxo levaba reciclados ata o mes de setembro 8.280 quilogramos, o que supón un incremento con respecto ao ano anterior do 50,61 %.
Relacionadas:
-
Tres novos composteiros comunitarios e dúas biotrituradoras para podas activaranse en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo anima cun contedor xigante a reciclar os envases de plástico
Por Redacción |
-
Sanxenxo supera a media nacional da taxa de reciclaxe de cartón e envase lixeiro por habitante
Por Redacción |
-
Sanxenxo "circula as latas" en oito praias
Por Redacción |
-
Sanxenxo comezará en breve a facer uso dun punto limpo móbil
Por Redacción |
-
Sanxenxo recicla o 14% dos seus residuos
Por Redacción |