O virus mantén a 86 persoas ingresadas en centros hospitalarios da área sanitaria
Por Oskar Viéitez
Este xoves 12 de novembro a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés notifica que na última xornada deuse a alta a 76 pacientes con coronavirus, con todo o número total de casos activos apenas baixou en 13 persoas debido a que tamén se rexistraron 63 contaxios nestas últimas 24 horas.
A área sanitaria mantén 81 pacientes covid ingresados en planta de hospitalización. Concretamente hai 62 ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 1 no QuirónSalud Miguel Domínguez e 18 no Hospital do Salnés.
Ademais 5 pacientes con coronavirus permanecen na unidade de coidados críticos do Hospital Montecelo.
Así mesmo, evolucionan nos seus domicilios 1.164 casos de covid.
O total de casos activos nesta área sanitaria é de 1.250 persoas. Isto supón 13 menos que onte.
Desde o inicio do plan de continxencia do covid-19 curáronse 3.012 pacientes. Como xa se sinalou, son 76 máis que no día de onte. Faleceron por este virus na área sanitaria 40 pacientes.
En canto a realización de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 972, que se engaden ás 75.170 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.554 deles 1.855 son da área da Coruña, 1.064 da de Lugo, 880 da de Ourense, 1.250 da de Pontevedra, 2.426 da área de Vigo, 1.148 da de Santiago, e 931 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 90 están en UCI, 514 en unidades de hospitalización e 8.950 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 32.983 persoas curadas, rexistrándose 1.039 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 772.334.
Relacionadas:
-
A área sanitaria suma 64 novos positivos por covid-19 tras unha xornada con 926 PCR
Por Natalia Puga |
-
Falece no Hospital do Salnés unha terceira paciente con covid-19 da residencia de Ribadumia
Por Alejandro Espiño |
-
Un novo robot permitirá axilizar os resultados de probas PCR na área sanitaria ao dar 300 resultados en oito horas
Por Redacción |
-
A covid-19 estabilízase na área salvo en Sanxenxo, Poio e Cambados, onde crecen os contaxiados
Por Alejandro Espiño |