Deputación asume os servizos sociais de 53 concellos e os contratos laborais de 900 becarios
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este mércores a concesión de axudas a 20 concellos de menos de 20.000 habitantes dentro do convenio de servizos sociais comunitarios e traballadores desempregados. O plan destinou 2,2 millóns de euros para o financiamento de este tipo de servizos dos que se benefician un total de 53 concellos.
Segundo o recollido no acordo, a achega do organismo provincial permite cubrir o 80% do financiamento do Servizo de Atención no Fogar, da retribución do persoal dos centros de servizos sociais comunitarios e do persoal técnico dos equipos municipais con perfís complementarios aos do traballador social, como auxiliares administrativos ou educadores.
Por outro lado, os concellos que forman parte asumen o 20% restante do custe dos servizos, de maneira que se dá cobertura a unha necesidade prioritaria que teñen os concellos en materia de atención social.
Aos 33 concellos que xa formaban parte do presente convenio, súmanse 20 novos aos que a Deputación adiantou o 35% da contía aprobada:
PLAN DE PRACTICAS LABORAIS
No marco da Xunta de Goberno tamén se tratou a ampliación ata o vindeiro 12 de setembro do plazo para que empresas privadas se sumen ao II Plan de Práctica Laboral. Ata o momento, presentaronse 242 empresas. O Plan concederá becas por un ano a 400 titulados de menos de 35 anos e sen experiencia laboral previa, para que desenvolvan actividades laborais en empresas do seu sector. A intención é que estean traballando a partir de xaneiro.
A este plan, que ven a sumarse aos 500 becarios que xa están traballando na Deputación, nos concellos e nalgunhas entidades, poden presentarse empresas con sede social na provincia de Pontevedra, de calquera natureza xurídica e de calquera sector, sempre e cando cumpran cuns requisitos como non ter contrato de servizos coa Deputación, que a súa actividade estea relacionada co perfil das titulacións e non ter realizado despedimentos improcedentes, entre outros.
Relacionadas:
-
800 desempregados comezarán a traballar nos concellos da provincia no mes de decembro
Por Redacción |
-
A Deputación destina aos concellos 2 millóns de euros para servizos sociais comunitarios
Por Redacción |
-
Un total de 479 empresas requiriron xa aos mozos cualificados que subvenciona a Deputación
Por Oskar Viéitez |