Flexibilizan as condicións á hostalería para optar á prestación extraordinaria por suspensión de actividade
Por Redacción
O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións decidiu flexibilizar o acceso á prestación extraordinaria por suspensión temporal da actividade para traballadores autónomos.
Esta decisión responde as críticas xurdidas durante os últimos días naqueles territorios como Galicia onde se atopa suspendida a actividade de restauración e hostalería, agás no caso do servizo a domicilio, coa intención de reducir a propagación da covid-19.
O artigo 13 da Real Decreto Lei no que se establecían as axudas aos autónomos se indica que entre os requisitos para o acceso á prestación os traballadores autónomos deben estar "afectados por unha suspensión temporal de toda a actividade como consecuencia de resolución da autoridade competente como medida de contención da propagación do virus".
Co criterio especifícase que os hostaleiros que non realicen servizo a domicilio ou de recollida en local poderán presentar unha declaración responsable para acceder á prestación. A contía da prestación é do 50% da base mínima de cotización que corresponda pola actividade desenvolvida, unha cantidade que se incrementa un 20% se o traballador autónomo é membro dunha familia numerosa, ou do 40% se convive con parentes de primeiro grao con dereito a esta prestación. Queda tamén exonerado do pago de cotas, aínda que o período cóntalle como cotizado.
Os traballadores autónomos, tanto no caso de que realice actividade a domicilio coma se non, poden solicitar a prestación compatible coa actividade se rexistran unha baixada de facturación que alcance o 75% respecto ao último trimestre de 2019 ou do 50% en relación co primeiro trimestre deste 2020.
No mes de outubro rexistráronse de media 3,265 millóns de afiliados á Seguridade Social no Réxime de Autónomos, 1.816 máis que en setembro e supérase a cifra marcada en febreiro, antes da pandemia.
O 30 de outubro, a Seguridade Social achegou 234,21 millóns de euros a máis de 256.000 traballadores autónomos aos que se lles recoñeceron as prestacións establecidas. 15.000 acolléronse á prestación por suspensión temporal da actividade.
Relacionadas:
-
Centos de hostaleiros de Pontevedra, Marín e Poio berran "basta"
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Afectados pola covid-19 lamentan que o Concello "non sexa consciente" da súa situación
Por Alejandro Espiño |
-
Os hostaleiros non poderán acollerse a axuda por cese de actividade se manteñen os repartos a domicilio
Por Manu Otero |
-
RADIO.- Elena Vitoria: "A hostalería é un apoio ao resto do comercio e empresas dunha cidade"
Por Marisa Ciordia |
-
O Concello estuda non cobrar os veladores á hostalería pero non baralla suspender outros impostos
Por Alejandro Espiño |
-
O comercio teme ir detrás da hostalería e pide axuda
Por Oskar Viéitez |