Trasladan ao Provincial a unha muller embarazada tras colisionar o seu turismo cunha máquina de obra
Por Redacción
Unha moza de 18 anos en estado de xestación tivo que ser trasladada ao Hospital Provincial tras sufrir un accidente no ámbito da estación de trens de Pontevedra na rúa Eduardo Pondal. Segundo informaba o Servizo de Emerxencias do 112, un particular solicitou a intervención dunha ambulancia do 061 ao comprobar que se producira unha colisión entre un turismo e unha máquina das que realiza traballos de reparación da calzada nesa zona.
Segundo a policía local, o vehículo cruzouse diante da máquina e a condutora embarazada foi trasladada ao Hospital Provincial para comprobar se o feto sufrira algún dano.
ACCIDENTE EN MARCÿN
Tamén durante esta mañá do mércores 4 de setembro, producíase un accidente no lugar de Pazos da parroquia de Marcón, preto da Ermida. Segundo informaba o Servizo de Emerxencias do 112, tres vehículos víronse implicados nunha colisión na que se rexistrou un ferido. Ata o lugar se trasladou unha ambulancia do 061, ademais da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Pontevedra.