A Policía Local de Pontevedra detén un mozo tras agredir a súa parella na Ferrería
Por Redacción
Durante a madrugada do domingo 1 de setembro, un mozo de 21 anos, veciño de Pontevedra, era detido por axentes da Policía Local como presunto autor dun delito de violencia contra a muller.
Os feitos producíronse no ámbito das 4:47 da mañá cando os dous axentes que patrullaban pola rúa Michelena foron alertados por un viandante de que na Praza da Ferrería unha rapaza estaba a ser agredida por un mozo. Cando os axentes se achegan ata a zona, un grupo de persoas xa lles comunican que tiveron que intervir entre a parella para evitar que o home seguise agredindo a moza nas escaleiras entre a Praza de Ourense e A Ferrería onde se encontraba a rapaza que se amosaba en estado de ansiedade e con erosións en ambas as dúas pernas como consecuencia dos golpes e empurróns recibidos polo agresor.
A moza de 21 anos e tamén veciña de Pontevedra relatou os axentes que o suceso se iniciou nun pub da rúa Don Gonzalo cando se encontraba falando coa súa ex parella. Nese momento, o seu actual noivo avalanzouse sobre ela e expulsouna do local tras empurrala e golpeala repetidamente. Segundo a declaración da moza, o home seguiu empurrándoa repetidas veces á vez que a insultaba chamándoo "puta".
A moza foi trasladada ao Centro de Saúde da Parda para sometela a observación e atendela dos danos sufridos. A vítima indicou que non quería presentar denuncia porque "o quería" e que levaba 3 anos de relación na que non era a primeira vez que sufría agresións, a pesar de que nunca o denunciara. O mozo, natural de Pontevedra e nacido en 1992, era detido debido a que, nestes casos, a Fiscalía actúa de oficio.
Para denunciar casos de violencia contra a muller, os teléfonos son o 016 e o 900.40.02.73