O alcalde de Ponte Caldelas deixa o despacho para facer os recados dos veciños
Por Oskar Viéitez
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, púxose de novo ao servizo para axudar ás persoas do municipio que non poden ou non deben saír das súas casas con motivo da segunda onda da Covid-19.
De novo toma o volante para axudar de primeira man a todas as persoas que o precisen. Ó longo desta semana fixo entrega de varios lotes de medicamentos, de algunhas compras do supermercado e incluso de partes de baixa.
Neste momento no que Ponte Caldelas se atopa dentro do peche perimetral de Pontevedra e no que se lles aconsella ás persoas maiores e de alto risco que saian o mínimo posible das súas viviendas, toma sentido dar o máximo apoio "as persoas máis vulnerables ás que non podemos deixar de lado", apunta Díaz.
As persoas que precisen deste servizo teñen que chamar ao Concello de Ponte Caldelas 986750013 e falar coa concelleira Leticia Rocha, na extensión 2. Ela tomará nota do domicilio para que o alcalde se achegue a recoller a lista da compra, a tarxeta sanitaria e o diñeiro para, logo de facer a xestión, entregar os alimentos, medicamentos ou documentos no domicilio.
Relacionadas:
-
Os comerciantes do mercado de abastos doan alimentos ás familias máis desfavorecidas de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas incrementará a partida de emerxencia social ata os 35.000 euros
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas leva a compra, medicamentos e libros da biblioteca a veciños en corentena
Por Redacción |
-
Comeza o servizo de repartimento de comida a domicilio en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
O Concello fará o reparto a domicilio da hostalería local durante este mes
Por Oskar Viéitez |
-
O alcalde de Ponte Caldelas recibe o Premio Caballero Azor de mans do xeneral xefe da Brilat
Por Redacción |