A Xunta concede 360.000 euros en axudas a seis asociacións e 36 comercios da contorna de Pontevedra
Por Redacción
A Xunta de Galicia vén de conceder 360.278 euros a seis asociacións e 36 comercios da bisbarra de Pontevedra para impulsar investimentos por 615.091 euros no marco de senllas liñas habilitadas para apoiar ao sector a través dos colectivos e da orde de impulso á innovación, a dixitalización e as novas formas de comercialización dos establecementos.
En concreto, o executivo galego concedeu 137.085 euros en subvencións ás asociacións Centro Comercial Estrela de Marín, Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Marín, CCU Zona Monumental de Pontevedra, Asociación de Profesionais da Praza de Abastos de Bueu, Bueucentro e Caldas Centro Comercial Aberto para o desenvolvemento de diversos proxectos que mobilizarán 221.245 euros para a promoción deste ramo.
Paralelamente, tamén se outorgaron 223.193 euros en axudas a 36 establecementos comerciais para a execución de iniciativas de innovación, dixitalización e novas formas de comercialización que contribuirán á modernización dos seus negocios cun investimento global de 393.846 euros.
Entre os beneficiarios figuran 25 establecementos de Pontevedra, 2 de Marín, 2 de Caldas de Reis, 2 de Moraña e un de Cerdedo-Cotobade, Catoira, Vilaboa, Poio e Bueu.
Por este motivo, a delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, desprazouse este sábado ata Marín para manter, na compaña da alcaldesa, María Ramallo, un encontro coas presidentas do Centro Comercial Estrela e da Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos, Isabel Torres e Begoña Rosales, que son dúas das entidades beneficiarias con senllas axudas de 40.005 e 9.800 euros, respectivamente, para a realización de iniciativas de promoción do sector do comercio.
Relacionadas:
-
Luces, concursos e un vídeo para crear ambiente de Nadal e incentivar o consumo en Marín
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez propón un plan integral de 7 millóns de euros para axudar o emprego e comercio local
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O comercio teme ir detrás da hostalería e pide axuda
Por Oskar Viéitez |