Os socialistas piden ao goberno de Cubela axudas para salvar a hostalería
Por Redacción
O PSOE de Cerdedo-Cotobade piden axudas para os autónomos e pequenos comerciantes do municipio prexudicados polas restricións impostas polo Goberno para frear a expansión da covid-19.
A socialista Lina Garrido insta o alcalde Jorge Cubela a bonificar aos colectivos afectados coa dedicación dunha partida dos próximos orzamentos para establecer unha liña de axudas que permita paliar as dificultades que este colectivo vai sufrir polo peche.
Esta petición xa fora debatida no pleno do mes de maio e que a pesar de ser rexeitada algunhas das propostas da agrupación socialista han ido aplicándose nos últimos meses.
Aínda así insiste o PSOE na necesidade de axudar ao colectivo hostaleiro que terá que pechar durante todo un mes.
Doutra banda Garrido recriminou a Cubela na xunta extraordinaria de portavoces celebrada esta semana a falta de transparencia na comunicación dos datos relativos á pandemia neste municipio.