Un camioneiro, a xuízo por conducir bébedo e facer un 'simpa' nun hotel en Caldas
Por Redacción
Un transportista deberá render contas ante o Xulgado de Caldas por conducir baixo os efectos do alcol e sen seguro e por facer un 'simpa' dun local desta localidade. O seu caso será revisado nun xuízo rápido a celebrar o próximo martes 30 de outubro.
Os xornais Diario de Ponevedra e Diario de Arousa recollen que os feitos aconteceron na noite do mércores e a mañá do xoves e as dilixencias xudiciais instrúense por un delito contra a seguridade vial.
Ao parecer, o camioneiro foi localizado no interior dun establecemento de hostalaría da rúa Mosquera na noite do mércores. O seu vehículo estaba a ocupar un carril e el estaba dentro do local presuntamente preguntando por cal era a ruta que debía coller.
O camioneiro seguiu a marcha e pouco despois a Policía Local decidiu sometelo a unha proba de alcoholemia. Deu un resultado positivo de 0,87 miligramos de alcol por litro de aire expirado, de modo que o seu camión quedou inmobilizado.
O home non podía conducir, de modo que pasou a noite nun hotel de Caldas. O xoves pola mañá, sempre segundo a información recollida polos citados xornais, o abandonou sen pagar a factura.