Nova protesta gastronómica das traballadoras de cociña dos hospitais de Pontevedra
Por Anxo Lourido
Un grupo de traballadoras de Mediterránea de Cátering, a empresa concesionaria do servizo de cociña dos hospitais pontevereses, protagonizou unha nova protesta ante o Hospital Provincial. Nesta ocasión, ofreceron pinchos de chourizo aos peóns que percorrían Benito Corbal. ÿ a forma na que decidiron reclamar que a empresa lles aboe a paga extra de decembro de 2012 e o 40% da de xuño deste ano.
Segundo explicaba o secretario comarcal de Comisións Obreiras, José Luis García Pedrosa, a xerencia do Complexo Hospitalario de Pontevedra estase a inhibir neste tema a pesar de que a empresa incumpre co convenio colectivo ao aplicarlle a rebaixa que o Goberno impuxo para os traballadores da administración pública. Pedrosa afirma que "Hai varias sentenzas, algunha do TSXG, que establecen que os recortes aos empregados públicos non son de aplicación aos traballadores das empresas privadas. Non houbo reducción da cuantía económica do servizo polo que foi contratado e aquí non hai reducción de gasto por parte da Administración".
Para o 11 de setembro está fixada a celebración do xuízo entre a empresa e os traballadores reclamando a execución do convenio colectivo. A través das protestas queren evitar que este conflito se alongue no tempo e reclaman a intervención por parte da Consellería de Sanidade. Alegan que o xerente dos hospitais pontevedreses convocara a empresa para unha reunión que non chegou a ter consecuencias para as traballadoras.