Os populares recollen as queixas da veciñanza do Monte do Taco
Por Redacción
Pablo Fernández, concelleiro do PP de Pontevedra, presentaba este xoves unha proposta para o próximo pleno municipal para reclamar unha mellora e impulso do barrio de Monte do Taco e da rúa Ponte Nova.
Tras visitar esta contorna con encontros coa veciñanza, o representante popular pedirá ao Concello que poña en valor e potencie este barrio para liquidar demandas históricas dun espazo situado nas proximidades ao centro da cidade. Pablo Fernández afirma que a pesar de atoparse "a escasos metros da Casa do Concello leva anos de abandono".
A veciñanza afirma que aumentou a inseguridade cidadá e o PP reclama máis presenza policial. Tamén alertan da falta de mantemento do parque do Monte do Taco, que conta con maleza que impiden a visibilidade desa zona e, desta forma, converteuse nun punto de trapicheo e de venda de droga. Segundo indica Pablo Fernández, os veciños trasládanlle que están a chamar á Policía Nacional cada pouco tempo ou mesmo enfretarse a estas persoas que realizan venda de estupefacientes no barrio.
Tampouco contan con boa accesibilidade ás vivendas, os pavimentos das rúas e beirarrúas atópanse deteriorados e os camiños son estreitos, ademais de carecer de servizos básicos e de aparcamentos para persoas con mobilidade reducida. A isto, Pablo Fernández sumará unha petición de limpeza, poda e mellora dos xardíns.
Relacionadas:
-
Instalarán unha tirolesa de 150 metros en Raíña Vitoria que só se poderá utilizar se se compra no comercio local
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello repara as escaleiras que permiten acceder a Rosalía de Castro dende o río dos Gafos
Por Redacción |
-
Campo da Torre e San Roque, próximos obxectivos da reforma urbana
Por Alejandro Espiño |