Sanxenxo humanizará a Rúa do Vento e renovará servizos noutros puntos do municipio
Por Redacción
Case 41.000 euros destinará o Concello de Sanxenxo ás obras de humanización e instalación da rede de pluviais na Rúa do Vento. É un dos proxectos que o goberno municipal abordará cos remanentes do Plan Concellos da Deputación dos anos 2018 e 2019.
A rehabilitación da Rúa do Vento servirá, segundo o goberno de Telmo Martín, para mellorar a seguridade viaria nunha contorna urbana moi transitada por peóns e vehículos.
Ademais o Concello abordará os traballos para prolongar as redes de saneamento e abastecemento de auga en Catadoiro (Adina) e A Costiña (Vilalonga), cun investimento superior aos 33.00 euros entre ambas.
Outras das actuacións previstas son a dotación de iluminación LED a un vial municipal na Costa (Dorrón) e a reparación dunha fuga de auga na rede municipal de augas pluviais na rúa Doutor Lalinde de Portonovo. Para ambas se reservan uns 13.000 euros.
A dotación de firme de saburra artificial a un vial en Baltar completa as obras que se executarán con estes remanentes. Serán case 6.000 euros para solucionar o actual estado deste camiño, que ten un terreo arenoso totalmente irregular no que se acumula auga de choiva e dificulta o acceso ás vivendas próximas.
Relacionadas:
-
Comezan as obras na Rúa do Vento cun investimento que ascende a case 41.000 euros
Por Isabel Feijóo Gallardo |
-
Sanxenxo prevé investimentos de case 13 millóns no marco do nuevo contrato da auga
Por Redacción |
-
A humanización do vial de O Santo durará dous meses e medio e terá catro anos de garantía
Por Redacción |
-
Sanxenxo soterra a liña de media tensión no Revel
Por Redacción |