Poio abandona o nivel de alerta 3 e cae tamén a incidencia en Cerdedo-Cotobade, Bueu, Caldas e Vilanova
Por Alejandro Espiño
Caen a seis os municipios da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés que se atopan no nivel de alerta 3 (vermello) pola incidencia da covid-19. Con respecto a onte, saen desta lista tanto Poio como Soutomaior, segundo os datos achegados polo Servizo Galego de Saúde.
No caso de Poio, segundo informa o goberno municipal, o número actual de contaxios situábase onte en 57, un dato que non foi actualizado este mércores. Sexa cal for, supón situarse no banzo inferior á máxima alerta, o nivel 2 (laranxa)
Pontevedra, pola súa banda, mantense en alerta vermella polo número de contaxios detectados na última semana.
Esta especial vixilancia segue activa tamén en Marín, onde os casos activos creceron ata os 78, seis máis que onte. Ademais, hai outras 166 persoas en seguimento.
O resto de municipios en nivel de alerta 3 son Vilagarcía de Arousa, Ribadumia, O Grove e Cambados.
Xunto con Poio, outros dous municipios están en alerta 2. Trátase de Sanxenxo, onde se rexistran 32 casos activos (catro máis que onte) e Vilaboa, que continúa con 31 contaxiados, os mesmos desde hai dous días.
No nivel de alerta 1 (amarelo) mantéñense A Lama, Ponte Caldelas e Cuntis, aos que se suman Soutomaior, Caldas de Reis, Vilanova de Arousa e Cerdedo-Cotobade, onde cae a incidencia da pandemia, segundo o mapa de alertas ofrecido pola Consellería de Sanidade.
Entre eles, destacan os 29 casos activos en Vilanova, os mesmos que había onte martes.
Bueu, que volve situarse en nivel cero (verde), únese aos concellos de Meaño, Portas, Meis, Barro e Campo Lameiro. Neles detectáronse menos de sete casos entre a súa poboación na última semana.
Relacionadas:
-
Bueu pide reforzar os controis de acceso para evitar chegadas desde zonas en alerta vermella
Por Redacción |
-
"Canto máis pechados estamos, máis podemos movernos. Non é comprensible"
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Que poderei facer e que terei prohibido desde o venres polas novas restricións da covid-19?
Por Alejandro Espiño |
-
Feijóo anuncia o peche das actividades "que non sexan esenciais" en practicamente toda a comarca
Por Diego Espiño |
-
A presión asistencial segue crecendo na área sanitaria, que ten 77 pacientes hospitalizados
Por Natalia Puga |