Maica Larriba defende os orzamentos "realistas" do Goberno e os 211 millóns para investimentos directos na provincia
Por Redacción
Maica Larriba, subdelegada do Goberno en Pontevedra, presentou este martes os orzamentos para 2021 e destacou o investimento directo para a provincia dun total de 211 millóns de euros previstos polo executivo de Pedro Sánchez, unha cifra que supón unha subida dun 30% respecto a os investimentos consignados nos orzamentos de 2018.
A representante gobernamental subliñaba que este anteproxecto lexislativo é realista e adáptase ás demandas da provincia, sinalando que gobernos anteriores realizaban presupostos con partidas de "papel", que se dedicaban a proxectos irrealizables.
Entre outra das características que Larriba destaca nesta proposta atópase o carácter social porque, segundo explicou, trátase do "maior investimento social da historia de España" cos obxectivos de reconstruír aquilo que a crise económica ha arrebatado, modernizar o modelo produtivo e fortalecer o estado de benestar.
Lembrou que o ingreso mínimo vital chega a máis de 2.500 persoas na provincia, unha cifra que seguirá aumentando, segundo prognosticou. Tamén ofreceu o dato de que 242.000 persoas reciben unha prestación por xubilación, e lembrou que o Goberno se ha comprometido a revalorizar as pensións en base ao IPC, previsto no 0,9% para o próximo exercicio.
Os orzamentos de 2021 teñen previsto un investimento nas estradas de 54,11 millóns de euros, un incremento do 21,3% respecto ao anterior ano. No sector ferroviario, explicou Maica Larriba, tamén se pasa de 21 millóns a 36 mllones de euros para o próximo ano en investimentos. No apartado de investimentos marítimos, a subdelegada apuntou un aumento dun 23,2% alcanzando os 37 millóns de euros.
Entre as partidas destaca os 2,3 millóns de euros para as obras de remodelación da ligazón Pontevedra norte, no nó de Bombeiros, na AP-9 e o investimento de 20,9 millóns de euros prevista para continuar as obras da circunvalación de Pontevedra (A-57) entre Vilaboa e A Ermida.
Relacionadas:
-
Gonzalo Caballero pide apoio a uns Orzamentos "positivos" para Galicia e que baixarán as peaxes da AP-9
Por Manu Otero |
-
Senadores do PP piden o "mesmo esforzo investidor" no Corredor Atlántico que no Mediterráneo
Por Redacción |
-
O PP pide partidas específicas para o Ano Xacobeo nos Orzamentos Xerais do Estado
Por Oskar Viéitez |
-
Deputados e senadores do PP denuncian que os orzamentos xerais do Estado supoñen un retroceso para Pontevedra
Por Redacción |
-
O PSOE aplaude que os PGE 2021 atallan o "agravio" que sufría Pontevedra coa AP-9 e destinan un 30% máis de fondos á provincia
Por Redacción |