Así son as verbenas en Pontevedra: "Nin Georgie Dann nin Juan Magán, en verán a xente pide cumbias"
Por Oskar Viéitez
Galicia é país de verbenas. Resulta difícil para alguén chegado dende máis alá do Bierzo comprender o fenómeno das orquestras, coas súas macro escenarios, os seus clubs de fans e merchandising.
Panorama, Olympus e París de Noia, son as raíñas das festas e fixeron da súa rivalidade todo un negocio. Pero hai máis de 250 orquestras en Galicia. Para contar con calquera delas as comisións de festas esfórzanse casa por casa pedindo cartos e organizando actividades de todo tipo, aínda que a maioría do diñeiro se recada dos chiringuitos instalados o día da festa. Este verán, animados polo bo tiempo, aumentaron os pontevedreses que se sumaron ás verbenas organizadas en todas as parroquias e puideron disfrutar das súas actuacións e repertorio.
Segundo os datos da Asociación de Empresarios do Espectáculo de Galicia, as orquestras moven cada ano uns sesenta millóns de euros e dan traballo a unhas 3.000 persoas.
As formacións máis grandes conseguen vender ata 7.000 discos ao ano segundo informou a Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic).
A clave deste éxito explícaa un promotor, "para que contratar a un número un se te podes levas a lista completa dos corenta principais". E é que as orquestras non necesitan competir para formar parte do selecto clube da mellor canción do verán porque téñenas todas.
Este verán, segundo puido saber PontevedraViva ao recorrer algunha das verbenas, incluíron no seu repertorio o pop de Xritz con 'Me enamoré' ou o ritmo máis latino de Inna e Daddy Yankee e o seu 'More than friends', a Efecto Pasillo e o seu baile ao estilo 'Funketón', pero se de verdade queren triunfar todas coinciden en que "Nin Georgie Dann nin Juan Magan, en verán la gente pide cumbias".