Morre un traballador tras sufrir un accidente mentres manexaba un guindastre no porto de Marín
Por Oskar Viéitez
O 112 Emerxencias de Galicia (AXEGA) informou dun traballador falecido este martes tras sufrir un accidente mentres manexaba un guindastre no porto de Marín.
O equipo sanitario nada puido facer por salvarlle a vida.
O persoal da ambulancia do 061 de soporte vital avanzado confirmou o falecemento do home M.A.F.M., de 61 anos de idade.
Este accidente laboral tivo lugar sobre as 11,30 horas. Este veciño de Pontevedra atopábase traballando no peirao de carga do Porto de Inspección Fronteiriza, cando foi esmagado pola plataforma elevadora que manexaba.
Ata o lugar acudiron axentes da Garda Civil e Policía Local para aclarar as circunstancias do suceso.