A situación sanitaria obriga a cancelar as catas comentadas de Etiqueta Negra Experiencias
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/00d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5fa149d141-img_20191109_115702_resized_20191109_023652973.jpg)
© Concello de Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/ebd/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5dc9579fc3-20191111-saiz-etiqueta-negra-carlos-oroza-showcooking-0104.jpg)
© Cristina Saiz
Queda suspendida a celebración prevista das catas comentadas de produtos gourmet galegos Etiqueta Negra Experiencias, que se fixara para a semana do 24 ao 29 de novembro, así o comunicou este martes a organización e a concellería de Promoción Económica e Turismo.
A concelleira Yoya Blanco recoñece que esta decisión se adopta por sentido de responsabilidade para contribuír a frear a propagación do virus e como consecuencia do aumento de casos activos de covid-19 na cidade durante os últimos días.
Blanco sinala que deciden así dar prioridade á integridade física e á saúde de produtores, provedores, público asistente e persoal laboral por encima doutros aspectos. A concelleira asegura que é unha "triste decisión" pero que non queda máis remedio que adoptar, malia os esforzos realizados para garantir todas as medidas sanitarias.
A concelleira móstrase esperanzada de que en 2021 se celebre esta cita de Eitqueta Negra, a Feira do Gourmet Galego, nun ambiente máis favorable e seguro, para fomentar os acordos comerciais entre os participantes e reactivando o desenvolvemento económico e comercial da industria alimentaria.
Relacionadas:
-
Etiqueta Negra volverá a Pontevedra en decembro
Por Alejandro Espiño |
-
O IES Luís Seoane analiza o futuro dos eventos na era covid
Por María José Pita |
-
Etiqueta Negra opta por un formato "máis íntimo" polas restricións da covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
Etiqueta Negra regresará en novembro ao Recinto Feiral de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |