O BNG lanza unha ofensiva institucional para que o proxecto mineiro Alberta I se someta a avaliación de impacto ambiental
Por Oskar Viéitez
O BNG presentou este martes iniciativas nos Concellos e no Parlamento Galego en relación coa mina de litio Alberta I, que na súa primeira fase vai afectar directamente aos concellos de Beariz, Avión, Forcarei, Cerdedo-Cotobade e A Lama.
O BNG presentou mocións en estos concellos afectados directamente na primeira fase, así como en Ponte Caldelas, Soutomaior, O Carballiño e Ribadavia, nas que demanda que o proxecto se "someta a avaliación de impacto ambiental e que se dea información á veciñanza por parte da Xunta e os Concellos" fronte ao escurantismo con que se está a tramitar.
En canto ao Parlamento Galego, o BNG presentou unha iniciativa solicitando que se pida un informe ao Instituto Xeolóxico Mineiro de España, que é preceptivo por Lei.
O deputado do Bloque, Luis Bará denunciou iregularidades na tramitación do proxecto polo "fraude de Lei que supón a división dun macro-proxecto en proxectos máis pequenos para eludir trámites ambientais e tamén porque se omita a preceptiva e necesaria declaración de impacto ambiental, que é obrigatoria polas características do proxecto".
Segundo o BNG "a mina xerará grandes cantidades de augas ácidas (que deben ser tratadas), explotará minerais potencialmente radioactivos e ten riscos de afundimentos". Sosteñen que é un tipo de explotación que ten "graves impactos negativos" tanto na saúde das persoas, como na contaminación das augas (con posibles afeccións ás cuncas dos ríos Avia, Miño, Lérez e Verdugo) e sobre a paisaxe, "por non falar do impacto que ocasionará o tránsito continuado de camións pesados".
O deputado do BNG, Luís Bará, denuncia que este tipo de proxectos supoñen o "espolio de grandes cantidades de recursos mineirais estratéxicos, que deixan grandes impactos negativos no territorio e levan os beneficios para fóra do noso país".
Se algo está quedando claro, sentenciou Bará, é que, coa súa actitude, "a Xunta se está poñendo de parte da empresa e contra a veciñanza", sentenciou.
Relacionadas:
-
Enmendas do BNG de Ponte Caldelas aos orzamentos da Xunta coa Sanidade en primeiro lugar
Por Redacción |
-
Os ecoloxistas, escépticos ante a denegación dos permisos para a mina de litio
Por Redacción |
-
Denegan os permisos para a mina de litio en Cerdedo-Cotobade e A Lama
Por Redacción |
-
O PSdeG esixe as máximas garantías ambientais na mina de litio Alberta I
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG entrega en Cerdedo-Cotobade alegacións contra a mina Alberta
Por Redacción |