Un home de 57 anos e unha muller de 89, dúas novas mortes da covid-19 en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A covid-19 cobrouse a vida de dúas novas persoas na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Ambas están entre as 21 mortes que confirmou Sanidade. É a maior cifra de vítimas que se rexistra en Galicia, nun mesmo día, desde o pasado 11 de abril.
Un dos falecidos é, ademais, unha das vítimas máis novas da covid-19 en Pontevedra. Trátase dun home de 57 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario de Pontevedra, segundo informaron as autoridades sanitarias este luns.
Outra muller de 89 anos, procedente dunha residencia de maiores que, por agora, non foi identificada por Sanidade, tamén faleceu hoxe no hospital de Montecelo.
Segundo confirmou a Consellería, estas dúas persoas falecidas tiñan patoloxías previas. Con estas dúas mortes, son xa 33 os falecidos pola covid-19 na área sanitaria.
O último ata o momento fora, hai apenas 24 horas, un home de 80 anos que tamén estaba ingresado no hospital pontevedrés debido á infección do coronavirus.
Dos 21 falecidos este luns, seis morreron en Vigo (cinco no Álvaro Cunqueiro e unha no Hospital A nosa Señora de Fátima) e cinco na Coruña (dous no CHUAC, un no seu domicilio, outro en QuirónSalud A Coruña e o último no Hospital HM Modelo-Belén).
Tres morreron en Ourense (un no CHUO, outro no Hospital de Verín e outro na residencia de maiores de Ribadavia), un no seu domicilio de Lugo, dous en Ferrol (un no CHUF e outro no Hospital Marcide) e dous en Santiago, ambos no CHUS e procedentes da residencia San Miguel de Silleda.
As idades dos falecidos oscilan entre os 69 anos -uno dos falecidos en Silleda- e os 103 anos, esta última unha das mulleres que morreu no Complexo Hospitalario de Vigo.
Relacionadas:
-
A residencia DomusVi de Ribadumia rexistra outros 9 usuarios e 3 traballadores positivos por covid
Por Oskar Viéitez |
-
O Goberno insta ás comunidades a adoptar medidas "contundentes" para evitar confinamentos
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra, Marín, Poio, Vilagarcía, O Grove, Cambados e Ribadumia continúan en alerta vermella
Por Redacción |
-
A covid-19 avanza imparable na área sanitaria, con 1.082 casos activos e 70 pacientes hospitalizados
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra, Sanxenxo e Marín lideran o incremento xeneralizado dos contaxios na área sanitaria
Por Alejandro Espiño |
-
Quince novos contaxios agravan a situación das residencias de Cambados e Ribadumia
Por Redacción |
-
A área sanitaria supera o milleiro de casos activos de covid-19 tras o segundo día consecutivo con máis de 100 contaxios
Por Natalia Puga |