Poio destinará parte do remanente do 2019 ao pago de gastos xerais e facturas
Por Redacción
A corporación municipal de Poio celebra este martes un pleno extraordinario no que está previsto a aprobación dunha serie de modificacións de crédito que permitirán o uso do remanente correspondente ao ano 2019 para o pago de diferentes gastos xerais e facturas.
Explica o concelleiro de Facenda, Xulio Barreiro, que esta actuación pode facerse realidade despois de que o Goberno central anunciase o levantamento das restricións establecidas para a utilización destes remanentes que viñan determinadas pola regra de gasto. A medida estatal permite agora que os concellos poidan facer uso dos seus aforro durante o que queda de 2020 e 2021.
O edil nacionalista cifra en 600.000 euros o remanente correspondente ao exercicio 2019. Unha cantidade necesaria para acometer proxectos importantes para un municipio en crecemento como Poio. Neste sentido, a eliminación das restricións da regra de gasto tamén permitirá ao goberno local elaborar un orzamento para o 2021 " máis ambicioso".
Relacionadas:
-
Poio pecha o orzamento do ano pasado con liquidez: dispón de 2'5 millóns de euros para financiar gastos
Por Redacción |
-
Poio aproba por unanimidade o plan financieiro para estabilizar a súa economía
Por Redacción |
-
O goberno local de Poio nega que Facenda teña intervido o orzamento e defende a estabilidade económica
Por Redacción |