Ana Pastor esixe ao Goberno que "tome las riendas" da situación sanitaria
Por Oskar Viéitez
A vicesecretaria de Política Social do PP instou ao Goberno de coalición do Partido Socialista e Unidas Podemos a que "tome las riendas" da pandemia e "se ponga al frente" desta crise sanitaria e económica, á vez que lle acusa de "dejar al pairo" ás Comunidades Autónomas.
Ana Pastor aplaudiu o traballo dos profesionais sanitarios lembrando que "ya hay más de 70.000 profesionales que han sido contagiados durante esta pandemia" polo que reprochou ao Ministerio de Sanidade "que abandone a nuestros sanitarios que lo están pasando francamente mal" e indicou que "los aplausos están muy bien pero lo que quieren es medios materiales, refuerzo de las plantillas y, especialmente en este momento, refuerzo de la Atención Primaria"
Finalmente Pastor incidiu en que as medidas que se adopten deberán estar "avaladas por los técnicos" e non por criterios políticos, porque o prioritario é "salvar vidas".
DISTURBIOS
A vicesecretaria de Política Social do PP, Ana Pastor, pediu a comparecencia urxente no Congreso dos Deputados do "desaparecido" ministro do Interior, Fernando Grande- Marlaska, para que "deé explicacións" sobre os "actos violentos y vandálicos" dos últimos días.
No transcurso dunha visita ao Albergue de Peregrinos de Pontevedra, Ana Pastor expresou a "absoluta condena" do seu partido respecto a esta "violencia que no tiene ningún tipo de explicación ni apoyo por parte de la inmensa mayoría de los españoles" e asegurou que "todo lo que se haga de forma violenta es execrable".
O Partido Popular reclama ao ministro do Interior que explique "qué es lo que ha ocurrido, qué es lo que se ha investigado" ademais do "por qué se han producido y quién ha llevado a cabo estos actos vandálicos".
Así mesmo, Ana Pastos anunciou que demandarán a Grande-Marlaska que detalle as actuacións preventivas que se van a poñer en marcha para evitar este tipo de comportamentos.
Por outra banda, a portavoz popular ha agradecido o labor desenvolvido polos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, "porque siempre han estado ahí, dando la cara y poniendo todo su esfuerzo para intentar que no se produzcan actos como estos".