A Xunta convoca os afectados polas expropiacións para facer a senda peonil entre Bagüín e Seixo
Por Redacción
O Diario Oficial de Galicia publica este luns a convocatoria, para este mes de novembro, do acto expropiatorio de levantamento de actas previas para executar unha senda peonil na estrada autonómica PO-551, entre Bagüín e Seixo, ao seu paso polo concello de Marín.
O citado acto fíxase para os vindeiros días 26 e 27, das 10,00 ás 14,00 horas na Casa do Concello de Marín. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información.
Esta intervención conta cun investimento da Xunta de máis de 700.000 euros e prevé licitarse entre finais deste ano e principios do próximo, para a súa execución no 2021.
O itinerario desenvolverase no tramo entre a intersección á altura da Cova da Moa cunha vía municipal que vai ao paseo conectando coa beirarrúa de Bagüín.
A actuación céntrase na execución dunha senda de 940 metros de lonxitude na marxe dereita da estrada PO-551.
Actualmente a estrada conta cunha senda pola marxe esquerda, executada no ano 2014, polo que para facilitar o cruce está prevista a sinalización dun paso de peóns con semáforo con pulsador antes da parada de bus.
Relacionadas:
-
A senda entre Bagüín e Seixo estará rematada a comezos de 2022
Por Redacción |
-
Trece empresas optan a construír a senda peonil entre Bagüín e Seixo
Por Redacción |
-
A Xunta inicia as expropiacións para executar a senda peonil entre Bagüín e Seixo
Por Redacción |
-
Aproban o proxecto para construír unha senda peonil na estrada PO-551 entre Bagüín e Seixo
Por Redacción |