Ferpalia 2012 sacará proveito ao potencial turístico dos días de choiva en Galicia
Por Redacción
Ferpalia, o Salón do Turismo de Galicia, afrontará este decembro a súa vixésima edición apostando por unha proposta totalmente rompedora con respecto aos anos anteriores na que evento feiral sairá do habitual recinto pechado para expandirse pola zona urbana e buscará tirar proveito aos días de chuvia na comunidade galega e o seu potencionalidad para desestacionalizar o turismo.
A Cámara de Comercio de Pontevedra adxudicou a edición 2012 á empresa El Rincón de los Sentidos, que programa a súa celebración para os días 14, 15 e 16 de decembro e propón aproveitar o xogo que poidan dar os 20 anos de historia do evento para sacar á rúa 20 postos.
Segundo informou a propia Cámara, non "faltarán en esta ocasión apartados dedicados específicamente, a la gastronomía y al vino, pero tratando de potenciar sus últimas novedades comerciales, como son, por ejemplo, la presencia en el mercado de determinadas bodegas que quieren que el vino sirva como motivo de regalo original, no sólo por la calidad del albariño, sino por el diseño de la botella".
Ferpalia 2012 é "consciente de las fechas en las que se va a celebrar", de aí que na súa organización se terá moi en conta a chuvia e os seus posibles beneficios no sector; "así como el aprovechamiento que del agua están haciendo numerosos balnearios y hoteles de la provincia y comunidad".
A Cámara suxire aos organizadores de Pomóvil que "primen sobre todas las cosas los intereses de los empresarios del ramo"
As dúas modalidades de Pomóvil 2012 celebraranse con anterioridade a Ferpalia. Para avanzar na súa organización, os responsables da empresa adxudicataria, ICE Imaxinación, reuníronse con técnicos da Cámara e trasmitíronlles que "son conscientes del escaso margen de tiempo de que disponen para montar el Salón del Coche Nuevo".
Esta primeira modalidade de Pomóvil 2012 celebrarase entre os días 2 e 4 de novembro, de forma que "proponen una feria sin grandes alardes de montaje, con relación a las últimas ediciones". Isto é, "básicamente tratarán de habilitar el mejor escaparate posible para los concesionarios interesados en participar".
A Cámara de Comercio suxeriu á empresa adxudicataria "que primen sobre todas las cosas los intereses de los empresarios del ramo, y la economía de la feria, dejando para un segundo plano las actividades paralelas que suelen complementar la exposición".
Na proposta de ICE Imaxinación inclúese un circuíto de condución para nenos, exhibición de coches de época e outras suxestións, que poderían contemplarse para a modalidade do Coche Usado, e de Ocasión, que se celebrará do 9 ao 11 de novembro.
Relacionadas:
-
A choiva e a gastronomía, protagonistas de Ferpalia 2012
Por Diego Espiño |
-
A Alameda será o "corazón" de Ferpalia 2012, que terá como invitada a Asturias
Por Redacción |
-
A Cámara adxudica a dúas empresas pontevedresas a organización de Pomóvil e Ferpalia
Por Redacción |
-
Á Cámara éntranlle as présas
Por Oskar Viéitez |
-
Ferpalia en "panos menores" ao perder a Bolsa de Contratación
Por Oskar Viéitez |