Controis (e primeiros atascos) no peche perimetral de Pontevedra, Marín e Poio
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Coa entrada en vigor, ás tres da tarde, do decreto co confinamento perimetral dos municipios de Pontevedra, Poio e Marín xa se estableceron os primeiros controis das forzas de seguridade para comprobar o cumprimento das restricións establecidas polas autoridades sanitarias.
Nas primeiras horas os controis están a ser meramente informativos e non se ten noticia de ningunha incidencia ou sanción. Os axentes topáronse cunha gran desinformación por parte dos condutores aos que se lle deu o alto.
O tráfico foi por momentos o habitual dun venres, aínda que tamén se xeraron algúns atascos puntuais. As retencións máis importantes localizáronse na Ponte da Barca e na Avenida de Lugo. Así como na Autovía do Salnés.
A circulación entre os tres municipios con peche perimetral está permitida pero limítase unicamente aos supostos autorizados pola Xunta para saír ou entrar.
Neste despregamento participan as policías locais das tres localidades, Pontevedra, Poio e Marín, que se situaron en puntos estratéxicos para a mobilidade rodada.
Segundo informou a Policía Local de Marín, este venres fixéronse tres controis de tráfico coa Polícia Nacional no límite con Bueu. Ademais, a partir das 20.00 horas, intensificáronse os controis nos establecimientos de hostalaría e continuarase dando apoio específico aos cemiterios, seguindo o protocolo posto en marcha polo Día de Defuntos.
A Policía marinense recibíu en apenas 21 minutos, despois de que se coñecesen as novas medidas, a frioleira de 237 chamadas telefónicas. Aseguran que a atención á veciñanza é constante e que, precisamente grazas a ela, estase facendo unha boa labor de pedagoxía, facilitando toda a información dispoñible. De momento, non se interpuxo ningunha sanción.
Igualmente o portavoz da Policía Local de Pontevedra, Manolo Omil informou que a central da Xefatura local atendeu multitude de chamadas de cidadáns consultando as súas dúbidas. Ademais asegurou que o incremento do tráfico na xornada de hoxe na capital foi "de entre o 20 e o 30%" en especial nas saídas da cidade cara a Sanxenxo e A Coruña. Tampouco aquí houbo sancións.
Os axentes da Garda Civil de Tráfico foron vistos nas rotondas do nó do Pino e mesmo a Policía Nacional reforzou con varias patrullas este labor de control aínda que máis que no tráfico estiveron pendentes de que as concentracións de grupos de persoas respectasen as novas restricións.
A Delegación do Goberno en Galicia anunciou que se despregará un operativo integrado polos tres corpos en coordinación coa Xunta.
Relacionadas:
-
A Policía Local regulará o tráfico nos cemiterios de San Mauro e Lérez para evitar atascos
Por Redacción |
-
Os cemiterios municipais prepáranse para o día de Todos os Santos
Por Redacción |
-
Proposta de sanción para catro estudantes que montaron botellón de non convivintes na Finca de Briz
Por Redacción |
-
A Policía Local de Marín controla o cumprimento das restricións con axentes "de paisano"
Por Redacción |
-
Identifican 22 persoas e notifican 11 incumprimentos das normas sanitarias en Vilagarcía durante a fin de semana
Por Redacción |
-
A primeira fin de semana de peche perimetral sáldase sen sancións en Poio
Por Redacción |
-
O peche frustra as vacacións en Poio dunha parella inglesa: chegan sen coñecer as restricións e teñen que buscar outro aloxamento
Por Redacción |
-
Moita pedagoxía e ningunha multa nos controis policiais para o cumprimento do peche perimetral e o toque de queda
Por Natalia Puga |
-
Se vives en Pontevedra, Poio ou Marín, estas son as razóns polas que podes saír do municipio ou facer reunións entre non conviventes
Por Manu Otero |
-
Sanidade 'confina' Pontevedra, Marín e Poio e limita as xuntanzas só aos conviventes
Por Alejandro Espiño |