Augas de Galicia elimina un punto de verteduras de augas residuais ao Verdugo
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, corrixe un punto de vertedura de augas residuais que afectaba ao río Verdugo ao seu paso por Ponte Caldelas.
O punto de vertedura foi localizado durante os traballos rutineiros de inspección que o Plan de Control de Verteduras de Augas de Galicia efectúa nas redes fluciales dos distintos municipios en marcados na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.
O persoal técnico da Xunta localizou a existencia dunha filtración de augas residuais procedente do colector do saneamento municipal que discorre pola marxe dereita do curso fluvial, polo que a Xunta comunicou ao Concello a necesidade de acometer as actuacións necesarias para suprimir esta vertedura. Os técnicos revisaron recentemente o reforzo do pozo de rexistro do colector e constataron o cesamento das achegas contaminantes.