A Deputación estrea o seu primeiro aseo adaptado para persoas ostomizadas
Por Redacción
O edificio administrativo da Deputación de Pontevedra conta desde este venres cun aseo adaptado para persoas ostomizadas.
O proxecto, que xa é unha realidade, enmárcase na colaboración establecida coa Asociación Socio Sanitaria Educativa de Enfermidades Inflamatorias Intestinais (ASSEI) e na importancia de visibilizar ás persoas con estoma, dúas mil na provincia de Pontevedra.
O espazo, situado no andar baixo do edificio, está perfectamente equipado e conta cun aparato sanitario adaptado, lavabo adaptado e todos os demais útiles e mobiliario necesarios.
A asociación fixo un proxecto propio de baño adaptado que trouxo de Xapón, baseado no modelo da marca Totto, segundo informa a Deputación.
Outro destes aseos será instalado no Museo de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Aseos adaptados para pacientes ostomizados, petición do PP para os edificios dependentes da Deputación
Por Redacción |
-
Un hostel de Pontevedra, primeiro de España en ofrecer un aseo adaptado para persoas ostomizadas
Por Redacción |
-
Apoio municipal para visibilizar a situación dos pacientes ostomizados
Por Oskar Viéitez |