Identifican dúas persoas por estafar uns 50.000 euros a maiores de Pontevedra
Por Redacción
As persoas maiores volveron a ser vítima dos estafadores en Pontevedra. Dúas persoas foron identificadas por apropiarse duns 50.000 euros.
Ambos están investigados, segundo informou a comisaría provincial, por dos delitos de estafa, apropiación indebida e branqueo de capitais.
A investigación desta operación, que foi denominada "Planet", comezou en abril tras a denuncia presentada por unha suposta estafa de máis de 30.000 euros, un prexuízo económico que a Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal-Ciberdelincuencia da Brigada Provincial de Policía Xudicial acabou situando nos 50.000 euros.
O responsable gañábase a confianza de persoas maiores, empregando a súa "afabilidade, don de xentes e facilidade de palabra", destaca a Policía Nacional, para estafalos.
Primeiro achegábase a eles tratando de venderlles libros e ofrecíase despois como intermediario para vender outras antigüidades que os maiores tivesen en casa. Durante este proceso, o estafador solicitáballes diñeiro para xestionar as vendas e obter así un mellor prezo.
Tras identificar o autor material da estafa, os axentes descubriron que esta persoa se valía doutras persoas realizar os movementos de diñeiro das vítimas.
A operación segue aberta e non se descartan novas detencións.
Relacionadas:
-
Aumentan as estafas online con tarxetas un 114% na provincia
Por Redacción |
-
Alertan da presenza en Pontevedra de falsos revisores do gas
Por Redacción |
-
As estafas por Internet incrementáronse este ano nun 25% na provincia
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncia na comisaría de Marín unha falsa oferta de emprego pola que pagou 850 euros
Por Redacción |
-
A Policía 'caza' o autor de máis de 50 estafas pola internet que lle reportaron 50.000 euros
Por Redacción |