A presidenta da Deputación mantén o apoio ao Camiño de Santiago como elemento de atracción de visitantes
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Este xoves celebrábase a Mesa Provincail do Camiño, vía telemática, presidida por Carmela Silva, máxima responsable da Deputación de Pontevedra; a directora da Axencia de Turismo de Galicia Nava Castro e alcaldes, alcaldesas e representantes municipais de 18 municipios, ademais do presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués Celestino Lores.
A presidenta provincial manifestou que o Camiño é un elemento fundamental para atraer visitantes á provincia e para posicionar a nivel internacional o sur de Galicia. As administracións participantes garantiron a súa aposta polo Camiño, principalmente no próximo Ano Santo, como elemento de atracción turística.
Carmela Silva manifestou que a situación provocada pola pandemia debe converterse nunha oportunidade para apostar pola innovación, a calidade e a sustentabilidade. Nesta liña, mostrou a súa idea de establecer accións que teñan en conta un marco de actuación diferente tanto en cuestión de infraestruturas, actividades e promoción do Camiño.
A Deputación ten previsto participar nun proxecto europeo, que conta cun orzamento de 2,5 millóns de euros, encamiñado á creación dunha rede transfronteiriza dos Camiños do Oeste Peninsular. Se organizzará unha exposición itinerante, que percorrerá diferentes puntos da península con conferencias e accións lúdicas para público infantil.
Silva anunciou a contratación do Plan Estratéxico de Turismo 2021-23 no que se dá un papel moi relevante ao Camiño de Santiago. A idea é que entidades públicas e privadas acheguen propostas. Tamén está previsto outro Plan Estratéxico, con Fondos Europeos, para analizar recursos económicos da Unión Europea para promocionar o Camiño de Santiago e dotar de recursos aos Concellos polos que pasa.
A presidenta provincial comunicou aos asistentes ao encontro que se está facendo un traballo importante na humanización das vías polas que transcorre o Camiño achegando seguridade viaria e peonil. Tamén destacou o investimento na mellora do Patrimonio con máis de 400.000 euros para que os elementos patrimoniais atópense en perfectas condicións. Ademais, entre outras cuestións, sinalou que se está traballando co sector privado para dotar de ferramentas aos establecementos da vía santa para implantar Tecnoloxías de Información e Comunicación.
Pola súa banda, Nava Castro falou dos traballos executados pola Xunta, que permitiron acometer actuacións en 23 concellos da provincia en materia de acondicionamento, sinalización, conservación, mellora das infraestruturas de acollida ou embelecemento do Camiño con investimentos superiores aos 5,4 millóns de euros na última anualidade.
Ademais, a directora da Axencia de Turismo anunciou a presentación da reformulación do Xacobeo2021 para o vindeiro mes de novembro. Avanzou que a intención da administración autonómica é recuperar a esencia do camiño, os espazos abertos e o talento local co obxectivo de celebrar un Ano Santo aberto, descentralizado e diversificado.
Relacionadas:
-
Carmela Silva pide por carta a Feijóo que se coordine con Portugal para coidar o Camiño Portugués pola costa
Por Redacción |
-
A Deputación aprobará o venres a folla de ruta da xestión turística da provincia para os vindeiros tres anos
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación únese á Rede Transfronteiriza dos Camiños Xacobeos do Oeste Peninsular
Por Redacción |
-
O Plan Estratéxico de Turismo 2021-2023 quere converter ás Rías Baixas nun destino intelixente
Por Oskar Viéitez |
-
A Mancomunidade do Salnés e a Deputación suman forzas para potenciar o turismo da provincia
Por Redacción |
-
O PP pide partidas específicas para o Ano Xacobeo nos Orzamentos Xerais do Estado
Por Oskar Viéitez |
-
Alfonso Rueda pide a Carmela Silva que cambie de data a reunión da Mesa do Camiño para poder asistir
Por Oskar Viéitez |
-
O conselleiro de Cultura recibirá a insignia de ouro dos Amigos do Camiño Portugués
Por Redacción |
-
Pontevedra acolleu o encontro internacional de hospitaleiros
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |