Ence doa dúas máquinas para facilitar o traballo entre o voluntariado do Banco de Alimentos
Por Redacción
Antonio Casal, director territorial de Ence, Enerxía e Celulosa, entregaba na tarde deste mércores dúas máquinas para o traballo de almacén na nave pontevedresa da Fundación Provincial Banco de Alimentos. O presidente da ONG Pedro Pereira e o responsable da delegación pontevedresa José Luis Doval recibiron estas dúas ferramentas que facilitarán a actividade diaria do voluntariado.
Trátase dunha carretilla acumuladora eléctrica e unha envolvedora de palets, que doa a empresa pasteira dentro do convenio de colaboración da terceira convocatoria do Programa de Responsabilidade Social Corporativa de Ence.
Pereira e Doval agradeceron a Antonio Casal a implicación solidaria de Ence Pontevedra na axuda social que realiza o Banco de Alimentos para colaborar con persoas vulnerables e con escasos recursos económicos.
A delegación en Pontevedra, que se atopa activa desde 2014 cunha nave no número 2 da rúa Faustino Santalices, leva repartidos ao redor de 350.000 quilos de alimentos no que vai de 2020 entre persoas necesitadas de axuda.
Desde a organización indican que coa pandemia e a consecuente crise económica incrementouse a necesidade nesta zona nun 30% respecto a anos anteriores. O Banco de Alimentos atende a ao redor de 6.000 persoas a través de 36 colectivos sociais cos que colabora.
En toda a provincia durante o primeiro semestre deste ano, esta entidade entregou máis dun millón de quilos de comida.
Relacionadas:
-
Os dentistas de Pontevedra doan material para a hixiene oral ao Banco de Alimentos
Por Redacción |
-
Situación "precaria" no Banco de Alimentos: andeis baleiros, cada vez máis demanda e sen operación Quilo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
"Na pandemia tivemos que comprar produtos de primeira necesidade para familias"
Por María José Pita & Mónica Patxot |
-
Benestar impulsa un convenio co Banco de Alimentos para atender o incremento de familias en situación de necesidade
Por Redacción |
-
Os traballadores de Ence entregan alimentos para persoas en risco de exclusión social
Por Oskar Viéitez |