Soben a seis as aulas pechadas e a 107 os positivos nos centros educativos da área sanitaria
Por Oskar Viéitez
A información actualizada deste mércores referida ás escolas infantís e aos centros educativos informa que hai 107 casos positivos en covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, son 9 más que o martes, e 6 aulas pechadas (onte eran tres).
No caso das escolas infantís, a Consellería de Política Social, notifica un caso positivo na Escola Infantil da Casa do Mar en Marín, na de Soutomaior, na do Campus de Pontevedra e na municipal de Vilanova de Arousa onde tamén hai unha aula pechada.
Pola súa banda, os datos dos centros de enisno non universitarios, segundo informa a Consellería de Cultura, son:
- Pontevedra: CEEPR Juan XXIII (1 caso), CEIP A Xunqueira I (1 caso), CEIP A Xunqueira II (2 casos e un aula pechada), CEIP de Vilaverde-Mourente (2 casos), CEP Marcos da Portela (1 caso), CIFP A Xunqueira (1 caso), CIFP Carlos Oroza (5 casos), CPR Plurilingüe Ntra. Sra. de los Dolores (1 caso), CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús (6 casos), CPR Salvador Moreno (1 caso), EEI Concepción Crespo Rivas (1 caso), IES A Xunqueira II (1 caso), IES Frei Martín Sarmiento (5 casos), IES Gonzalo Torrente Ballester (3 casos), IES Luís Seoane (3 casos), IES Montecelo (2 casos), IES Sánchez Cantón (1 caso).
- Bueu: CEIP Plurilingüe A Pedra (1 caso), IES Illa de Ons (1 caso), IES Johan Carballeira (1 caso).
- Caldas de Reis: CPR Plurilingüe La Encarnación (1 caso), CPR Plurilingüe San Fermín (3 casos e un aula pechada), IES Plurilingüe Aquis Celenis (1 caso).
- Cambados: IES Francisco Asorey (1 caso).
- Cerdedo-Cotobade: CEIP de Tenorio (1 caso), IES de Cotobade (5 casos).
- Cuntis: CPI Aurelio Marcelino Rey García (3 casos).
- Marín: CEIP da Laxe (1 caso), CPR Plurilingüe San Narciso (2 casos), IES Illa de Tambo (1 caso).
- Moraña: CPI Plurilingüe Santa Lucía (3 casos).
- O Grove: CEIP Rosalía de Castro (2 casos).
- Poio: IES de Poio (2 casos).
- Ponte Caldelas: CEIP Plurilingüe A Reigosa (2 casos e dous aulas pechadas).
- Sanxenxo: IES de Sanxenxo (1 caso), IES de Vilalonga (1 caso).
- Soutomaior: CEIP Manuel Padín Truiteiro (5 casos), CPR Santiago Apóstol (3 casos), EEI de Romariz (2 casos e un aula pechada), IES de Soutomaior (2 casos).
- Vilaboa: CPI do Toural (2 casos).
- Vilagarcía de Arousa: CEIP de Vilaxoán (2 casos), IES Armando Cotarelo Valledor (4 casos), IES Castro Alobre (4 casos), IES Fermín Bouza Brey (1 caso).
- Vilanova de Arousa: CEIP de Viñagrande-Deiro (3 casos), CEIP Plurilingüe de San Bartolomé (1 caso), IES A Basella (2 casos), IES Faro das Lúas (1 caso).
Relacionadas:
-
Pontevedra e a súa área rexistran 135 casos de covid en centros educativos pero só tres aulas pechadas
Por Redacción |
-
Pontevedra, abocada a novas restricións polo incremento dos contaxios por covid-19 na cidade
Por Alejandro Espiño |
-
A covid-19 nos centros educativos: preto do centenar de positivos nas escolas infantís, colexios e institutos
Por Redacción |