A Policía Autonómica completa 30 operativos na provincia para velar polo cumplimento das normas anticovid-19
Por Redacción
Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo 30 dispositivos na provincia de Pontevedra no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas adoptadas polas autoridades competentes pola covid-19. Durante estes controis, os axentes realizaron 9 inspeccións en 7 concellos nos que se rexistraron 4 identificacións.
En base a este plan , os efectivos destinados pola Policía Autonómica entre o 16 e o 18 de outubro a controlar o cumprimento das medidas vixentes para frear a expansión do virus, realizaron 30 dispositivos nos municipios de Pontevedra, Vigo, Marín, Moaña, Redondela, Sanxenxo e Poio.
No conxunto da comunidade galega rexistráronse 97 operativos cun total de 121 inspeccións, con máis de 600 persoas identificadas e 28 denuncias tramitadas.
Durante os operativos, os axentes controlaron que nos establecementos abertos ao público, terrazas e espectáculos públicos estaban a cumprirse as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias para facer fronte á covid-19, como o uso obrigatorio de máscara, o cumprimento da distancia de seguridade, así como o aforo e o horario de peche dos locais e a prevención do botellón.