Boa acollida das Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño Rías Baixas
Por Redacción
A Ruta do Viño Rías Baixas rexistrou unha boa resposta por parte do público durante o desenvolvemento das súas Xornadas de Portas Abertas a pasada fin de semana. O programa, impulsado pola Axencia de Turismo de Galicia en colaboración coas cinco Rutas do Viño galegas, deu comezo en Rías Baixas e Ribeiro.
"Pese ao mal tempo e aos cambios no programa por mor das novas restricións sanitarias, os visitantes animáronse a percorrer adegas ou a participar nalgunha das actividades especiais ofertadas polos establecementos asociados", explica a xerente da asociación sen ánimo de lucro, Lorena Varela, quen agradeceu "a todas as adegas participantes o seu esforzo por ofrecer un enoturismo seguro en tempos tan complicados como o actual".
A vintena de adegas asociadas participantes nas Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño Rías Baixas mostráronse satisfeitas pola boa resposta rexistrada. De feito, varias delas, ao ter cubertas todas as prazas, chegaron mesmo a desdobrar grupos e a ampliar as visitas guiadas para cumprir coas novas normas de prevención contra a expansión da covid-19 aprobadas a pasada semana polas autoridades sanitarias.
Deste xeito, os percorridos polas adegas establecéronse en grupos máximos de 4 persoas e guía, para respectar o aforo máximo de 5 persoas por actividade. Unha medida que se estendeu ás propostas especiais ofertadas polos asociados.
O roteiro de sendeirismo tívose que cancelar por causa da mala climatoloxía.
Relacionadas:
-
Rías Baixas, "expectante" ante Asia, resiste aos aranceis de Trump e á incerteza do Brexit
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta mantén as xornadas de portas abertas das rutas dos viños de Galicia adaptando o programa
Por Redacción |
-
As empresas da Ruta do Viño Rías Baixas fórmanse para adaptarse fronte á covid
Por Redacción |
-
Ruta do Viño Rías Baixas fleta 14 autobuses para as súas Xornadas de Portas Abertas
Por Redacción |