Rematan as obras de mellora da calzada do Camiño do Crego para facilitar o acceso do camión do lixo
Por Redacción
As obras de mellora e ampliación da calzada no Camiño do Crego no Concello da Lama finalizaron e nas últimas horas, David Carrera, tenente de alcalde e o concelleiro de Cultura e Deportes, Daniel Vidal, visitaba a zona para comprobar o resultado desta obra.
Tratábase dunha demanda veciñal que permitirá unha mellora de acceso ás vivendas tanto con vehículos particulares como con vehículos de emerxencia e mesmo ao camión do lixo que presta servizo aos residentes neste punto do municipio. O Camiño do Crego atópase en pendente e as melloras permiten facilitar a comunicación rodada na parroquia.
Os traballos realizáronse a través do Plan Concellos da Deputación e permiten resolver os problemas que había no firme das vías desta zona.
Os dous representantes municipais destacaron que con estes traballos resólvese unha das demandas principais da veciñanza, preocupado pola seguridade viaria. Ademais, Carrera e Vidal destacaron que o goberno local está a realizar un esforzo para mellorar a accesibilidade nos núcleos rurais durante os últimos meses.