Comeza a limpeza do río da Laxe despois de rematar no Lameira
Por Redacción
O Concello de Marin vén de comezar a limpeza do río da Laxe. Así o informou este luns o concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, que explicou que xa remataron estes labores no río Lameira, uns traballos consistentes na trituración da maleza nos laterais e no fondo dos vasos hidráulicos.
Finalmente, actuarase no Río Lapamán, desde a estrada xeral, e no Río Castiñeiras, desde o lavadoiro de Coirados ao muíño antigo ubicado na Roza.
Esta limpeza, que se fai todos os anos en outono, ten por obxecto a prevención de cara á época de chuvias do inverno de posibles desbordes e atrancos no leito, que poden ocasionar danos nas zonas máis poboadas polas que discorren estes ríos.