O ritmo de contaxios por Covid non decae na área sanitaria, con 53 novos positivos e 639 casos activos
Por Diego Espiño
Unha xornada máis a cifra de novos casos de coronavirus detectados na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantense nun preocupante limiar próximo ao medio cento de positivos.
En concreto, segundo reflexan os datos feitos públicos polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) este domingo 25 de outubro, nas últimas 24 horas confirmáronse 53 novos contaxios mediante proba PCR.
Esta cifra, unida á das 36 altas epidemiolóxicas dadas na última xornada fan que os casos activos na área se coloquen nos 639, o que supón 17 máis que o sábado.
Segue sendo importante tamén a presión hospitalaria que isto provoca, aínda que con respecto á xornada anterior son dous menos os pacientes ingresados, baixando a 48 en total. Deles 7 seguen evolucionando na Unidade de Coidados Intensivos (UCI), mentres que 41 permanencen en planta entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (35), Hospital do Salnés (4) e Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez (2).
Desde o inicio da pandemia superaron a Covid un total de 2.307 pacientes da área sanitaria, mentres que se contabilizaron 27 falecementos asociados ao virus segundo a información oficial.
Nas últimas 24 horas, informa o Sergas, realizáronse 1.277 probas PCR en Pontevedra e O Salnés, que se suman ás 59.490 efectuadas con anterioridade.
A nivel autonómico, Galicia reduce lixeiramente o número de contaxios deixando atrás o negativo récord do sábado, ao sumar nesta ocasión 597 novos positivos (polos 687 do día anterior). En total, na comunidade contabilízanse ao 25 de outubro 6.431 casos activos, é dicir, 261 máis que a xornada anterior. Deles 371 atópanse ingresados en planta dos distintos hospitais e 49 en UCI.
En Galicia recibiron a alta desde o inicio da alerta sanitaria 25.315 pacientes e faleceron 860 persoas, unha delas no último día.
Relacionadas:
-
60 novos contaxios de Covid no inicio de semana na área sanitaria, con 683 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Unha muller de 85 anos, positivo por Covid, falece no Complexo Hospitalario de Pontevedra
Por Redacción |
-
Ciencias da Educación e do Deporte e un curso de Publicidade pasan á docencia virtual tras a detección de positivos
Por Redacción |
-
Pontevedra notifica 10 casos activos máis de Covid, Marín sobe en 3 casos e Poio mantense sen cambios
Por Redacción |
-
O Sergas anuncia a reapertura da planta de oncoloxía pechada polo gromo de Covid no Hospital Provincial
Por Redacción |
-
Marín súmase a Pontevedra, Poio e Vilagarcía no nivel máximo de alerta pola incidencia da Covid
Por Redacción |
-
Os hospitalizados por Covid dispáranse ata os 50 na área sanitaria nunha xornada con 49 novos contaxios
Por Diego Espiño |
-
15 casos positivos máis no municipio de Pontevedra e 4 máis en Poio nas últimas 24 horas
Por Redacción |
-
27 casos positivos no gromo da área de Oncoloxía: 10 pacientes, 9 profesionais sanitarios e 8 familiares
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A área sanitaria roza os 600 casos activos tras unha xornada con 59 novos positivos
Por Natalia Puga |