Adxudicada a mellora da Casa do Pobo da Roca, en Ponte Caldelas
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas realizará melloras na Casa do Pobo da Roca.
De titularidade municipal, a intención do goberno local é dotar á instalación dunha cociña co fin de posibilitar a realización de máis actividades por parte da veciñanza.
A obra de mellora, que acaba de ser adxudicada, consiste no revestimento de paredes con alicatado cerámico, a pavimentación con plaquetas de gres, a instalación dun falso teito, renovación da instalacións eléctrica, de fontanería e saneamento, a colocación da carpintería de aluminio e a dotación de mobiliario e electrodomésticos para a cociña.
A obra foi adxudicada a Construcións Andrimaiva SL, que a executará por 26.530,58 euros nun prazo estimado de seis semanas.