A Policía Local de Poio esclarece un atropelo en San Salvador no que o coche implicado deuse á fuga
Por Redacción
Unha semana transcorreu entre o atropelo a unha veciña de San Salvador de Poio e poder localizar á presunta responsable.
Segundo informa a Policía Local, investigaron un atropelo a unha muller que se produciu cando se dispoñía a tirar o lixo ao colector na Avenida Principal de San Salvador. Nese momento o turismo golpeou a súa cadeira tirándoa á beiravía e deuse á fuga.
As lesións por fortuna non foron graves, xa que portaba cartóns que amorteceron o golpe.
No lugar os axentes atoparon o espello do turismo, o que xunto coa declaración de testemuñas presenciais permitiu coñecer que se trataba dun coche de cor negra e posteriormente, analizando as características do espello, que se trataba dun Citroën C2.
Con estes datos a Policía conseguiu localizar o vehículo e ao seu condutora sete días despois do suceso. Aínda que nun primeiro momento negou os feitos, finalmente terminou recoñecéndoos.
A condutora é unha veciña de Poio, que tras prestar declaración, foi denunciada por darse á fuga despois de verse implicada nun accidente de tráfico, quedando pendente a posible reclamación xudicial por parte da vítima do atropelo.