15 casos positivos máis no municipio de Pontevedra e 4 máis en Poio nas últimas 24 horas

Por Redacción
Pontevedra segue incrementando o número de casos activos no municipio. A cifra ascende a 226 persoas afectadas por covid, 15 máis que na xornada do xoves. No mapa do SERGAS continúa no nivel 3 de alerta do mesmo xeito que Poio, que contabiliza este venres 47 casos, catro positivos máis que hai 24 horas, segundo os datos ofrecidos pola Consellería de Sanidade.
Son os dous únicos municipios da comarca de Pontevedra que se atopan no punto máis alto do nivel de alerta. O outro Concello da área sanitaria de Pontevedra - O Salnés que rexistra leste mesmo nivel é Vilagarcía de Arousa, que tamén continúa incrementando o número de casos activos. Alcanza a cifra de 65, tres contagios máis que este xoves. Desde o Concello vilagarcián insisten en pedir á poboación prudencia e que actúe con responsabilidade e sentido común para evitar que se siga expandindo o virus.
En Vilanova de Arousa, o concello veciño, mantense o nivel verde, sen que se detectaron novos contagios nas últimas 24 horas. Ademais rexistráronse dúas novas altas médicas situándose o número de activos en 28.
A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés continúa en nivel laranxa en xeral e volve subir lixeiramente o número de contagios diarios. Rexistráronse 59 novos casos, 20 por cada 100.000 habitantes.
En Cambados, o rexistro de contagios baixou a 16, dous menos nas últimas horas. En Sanxenxo tamén descendeu tamén en dous casos, situándose en 15 casos activos. Por último, en Marín tamén descendeu nun os casos e mantéñense 33 activos.
De fronte ao fin de semana, as autoridades lembran que se deben de cumprir as medidas de seguridade extremando a vixilancia. A hostalería e restauración poderán contar co 50% do aforo no interior e 75% nas terrazas, coa prohibición de que a clientela utilice a barra. Os establecementos comerciais só poderán admitir o 50% do seu aforo, con preferencia para persoas maiores de 75 anos.
Limítanse as reunións en xeral a un máximo de 5 persoas, están prohibidas as festas e verbenas. Os eventos no exterior terán unha capacidade máxima de 150 persoas e 60 os actos en interiores.
Mentres que nos lugares de culto, redúcese a capacidade á metade. En vodas e celebracións, só permítense 100 persoas no exterior e 50 no interior. Nos velorios e enterros, o máximo de persoas establécese en 25 no exterior e 10 no interior.
Relacionadas:
-
Pontevedra notifica 10 casos activos máis de Covid, Marín sobe en 3 casos e Poio mantense sen cambios
Por Redacción |
-
O ritmo de contaxios por Covid non decae na área sanitaria, con 53 novos positivos e 639 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Marín súmase a Pontevedra, Poio e Vilagarcía no nivel máximo de alerta pola incidencia da Covid
Por Redacción |
-
Os hospitalizados por Covid dispáranse ata os 50 na área sanitaria nunha xornada con 49 novos contaxios
Por Diego Espiño |
-
838 profesionais de 17 centros residenciais da Área Sanitaria xa fixeron os cribados con mostras de saliva
Por Redacción |
-
Pedro Sánchez pide concienciación e disciplina cidadá: "Podemos y debemos detener al virus sin detener la vida"
Por Natalia Puga |
-
27 casos positivos no gromo da área de Oncoloxía: 10 pacientes, 9 profesionais sanitarios e 8 familiares
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Unha muller de 60 anos, nova vítima da covid-19 no Complexo Hospitalario de Pontevedra
Por Redacción |