Adxudicada a segunda fase da mellora da estrada de Anceu a Barbudo
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas ven de adxudicar a segunda fase da mellora da estrada de Anceu a Barbudo á empresa Construcciones Fechi SL, que realizará os traballos por 36.137 euros.
En total foron catro empresas as que presentaron oferta: Norexca SLU, Lignum Urbe SL, Canalis Soluciones Tecnológicas SL e Construcciones Fechi SL.
O Goberno local asegura que o proxecto de Mellora da estrada de Anceu a Barbudo é unha "obra importante" para a veciñanza das dúas parroquias posto que "mellorará notablemente as comunicacións entre ambos lugares do concello de Ponte Caldelas".