27 casos positivos no gromo da área de Oncoloxía: 10 pacientes, 9 profesionais sanitarios e 8 familiares
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Este venres 23 de outubro, a cifra de casos positivos derivados do contaxio iniciado no servizo de Oncoloxía do Hospital Provincial de Pontevedra establécese en 27 persoas afectadas. Trátase de dez pacientes, nove profesionais sanitarios e oito persoas conviventes.
Esta situación provocou o peche de Onco II no Hospital Provincial para levar a cabo os labores de desinfección a fondo nesta área do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP). Os pacientes, segundo a Xerencia da área sanitaria, foron trasladados á Unidade de covid-19 no Hospital Montecelo para o seu tratamento.
Miguel Álvarez Deza, xefe do servizo de Alertas Epidemiolóxicas da xefatura territorial de Sanidade en Pontevedra, confirmaba este venres que se está levando a cabo un cribado a través de probas PCR entre todo o persoal do Hospital Provincial, tanto sanitarios como persoal administrativo de diferentes departamentos deste centro hospitalario, ademais de pacientes.
O xefe de Alertas Epidemiolóxicas indicou que, polo momento, non hai constancia de que o contaxio afecte a outros servizos sanitarios que se ofrecen neste edificio situado no centro da cidade.
Álvarez Deza, en declaracións a Susana Ares na Radio Galega, tamén alertou de que existen 32 gromos nesta área sanitaria relacionados con encontros familiares e lembrou a necesidade de evitar estas reunións masivas na contorna familiar. Sinala que neste tipo de actividades é onde se están desenvolvendo agora a maioría de contagios pola relaxación das medidas de seguridade sanitaria que se detecta nestas situacións.
O PSOE RECLAMA UNHA INSPECCIÓN SOBRE A DESINFECCIÓN EN MONTECELO
Pola súa banda, a parlamentaria socialista Paloma Castro presentou varias iniciativas parlamentarias para reclamar á Xunta de Galicia que realice unha inspección sobre o cumprimento dos protocolos covid no Hospital Montecelo.
Solicita o reforzo de medidas de limpeza e desinfección no centro ante este brote de infeccións. Denuncia, ademais, a falta de coordinación coa que se está actuando desde a Xerencia do CHUP con actuacións "intolerables" por parte de Medicina Preventiva, que están a poñer en risco tanto ao persoal sanitario como aos pacientes.
Paloma Castro lembra a información de PontevedraViva sobre o caso da enfermeira que se puxo en contacto con Medicina Preventiva, onde lle responderon que "non fixese caso, que había moito falso positivo". Ante estas situacións, reclama á Xunta que pida explicacións á Xerencia da área sanitaria.
Relacionadas:
-
O cribado preventivo no Provincial detecta outros 27 positivos entre pacientes e profesionales
Por Alejandro Espiño |
-
O ritmo de contaxios por Covid non decae na área sanitaria, con 53 novos positivos e 639 casos activos
Por Diego Espiño |
-
O Sergas anuncia a reapertura da planta de oncoloxía pechada polo gromo de Covid no Hospital Provincial
Por Redacción |
-
Os hospitalizados por Covid dispáranse ata os 50 na área sanitaria nunha xornada con 49 novos contaxios
Por Diego Espiño |
-
15 casos positivos máis no municipio de Pontevedra e 4 máis en Poio nas últimas 24 horas
Por Redacción |
-
Unha muller de 60 anos, nova vítima da covid-19 no Complexo Hospitalario de Pontevedra
Por Redacción |
-
Farán probas PCR a todos os pacientes e o persoal do Provincial tras o gromo en Oncoloxía
Por Alejandro Espiño |
-
Vinte e tres afectados en Oncoloxía do Provincial, un dos 32 gromos activos na área sanitaria
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Pechan unha planta de Oncoloxía tras o gromo de covid-19 que suma trece contaxiados
Por Alejandro Espiño |
-
Preventiva do Hospital recomenda a unha enfermeira que ignore o seu positivo no test rápido e que siga atendendo pacientes de Oncoloxía
Por Anxo Lourido |