Os cinco ocupantes dun turismo resultan feridos nun accidente en Ponte Caldelas
Por Redacción
Os cinco ocupantes dun vehículo resultaron feridos na noite deste xoves nun accidente de tráfico rexistrado na rúa Aguasantas de Ponte Caldelas.
Segundo a información facilitada polo Centro de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o accidente consistiu nunha saída de vía dun turismo e produciuse sobre as nove da noite deste xoves.
Unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 acudiu ao momento para atender aos cinco ocupantes do turismo, que presentaban lesións de diversa consideración como consecuencia do accidente.
Os xestores do 112 Galicia recibiron o aviso do accidente a través do 061 e mobilizaron aos axentes da Garda Civil de Tráfico, que se desprazaron ao lugar do accidente para levantar atestado e realizar actuacións relacionadas coa xestión da circulación.