A plataforma 'Por unha Casa de Cultura Digna para Salcedo' buscará apoios entre as forzas vivas da cidade
Por Redacción
A 'Plataforma Cidadá por Unha Casa de Cultura Digna para Salcedo', constituida para amosar o rexeitamento vecinal e asociativo ao proxecto de centro social proxectado polo Concello de Pontevedra na parroquia, recabará apoios entre as distintas forzas vidas do municipio coa súa causa.
Este movimento de busca de respaldo exterior acordouse este sábado durante a segunda asemblea informativa da plataforma celebrada no adro da Igrexa de Salcedo. O colectivo deu conta do encontro a través dun comunicado no que sinala que acudieron máis dun cento de veciños, membros e simpatizantes.
Os portavoces da plataforma deron conta dos resultados das diferentes reunións celebradas cos representantes dalgunhas das principais asociacións de Salcedo e cos representantes políticos de BNG, PSOE e PP durante as últimas semanas.
Ao término da asemblea, acordouse seguir coa labor informativa que levan semanas realizando por todo o municipio e ampliar a rolda de contactos con diversas forzas vivas da cidade, todo á espera do proxecto definitivo que sinalan que estará en setembro, aínda que dende o Concello non se facilitou públicamente unha data definitiva.
Logo da asamblea deste sábado, as reivindicacións da plataforma seguen pasando pola variación do escenario invertido proxectado de tal maneira que pase a ter unhas medidas de 12x10 metros; un espazo diáfano con capacidade para 200 persoas; e a creación de catro ou cinco espazos fixos de uso compartido de 20 ou 25 metros cadrados que poidan servir como espacios de reunión, zona de lectura ou para impartir clases, obradoiros ou cursos.
Relacionadas:
-
Satisfacción en Salcedo polos cambios no proxecto do centro social
Por Diego Espiño |
-
O Concello e a Plataforma Cidadá de Salcedo liman asperezas, pero non chegan a acordo total
Por Natalia Puga |
-
A 'Plataforma Cidadá por unha Casa de Cultura Digna para Salcedo' insiste en cambiar o proxecto
Por Redacción |