Os polígonos industriais de Cambados e Vilanova mellorarán a súa seguridade e aforro enerxético
Por Redacción
As axudas outorgadas pola Consellería de Economía e Industria para os proxectos de mellora de parques empresariais tamén van beneficar a comarca de O Salnés. Segundo indicou o xefe territorial de Economía e Industria, Ignacio Rial, apoiaranse obras en 13 concellos, dos cales, no Salnés veranse beneficiados Cambados e Vilanova de Arousa.
O investimento destinado a proxectos para a habilitación e melloras de parques empresarias da provincia supera o 1,2 milóns de euros cunha dos que 837.000 euros serán aportados en concepto de axuda pola Xunta de Galicia, "é dicir, o 80% do total", explicou o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.
Cores Tourís presentou este sábado as axudas ao alcalde de Cambados, Luis Aragunde. A este municipio destinaranse 50.000 euros (40.000 aportados por Economía e Industria) á instalación de sistemas de seguridade e vixiancia no polígono industrial de Sete Pías. "O proxecto apunta a instalación de 15 cámaras nos accesos e perímetro do parque empresarial, así como dun gravador dixital para as imaxes", explicou Cores Tourís.
En relación a Vilanova de Arousa, o investimento do proxecto aprobado é de 60.000 euros, dos cales algo máis de 47.000 euros serán subvencionados pola Xunta de Galicia. O obxectivo será o aforro enerxético do polígono a través do cambio de luminarias coa instalación de 144 unidades de lámparas de 100W de vapor de sodio (que vendrán a substituir ás actuais lámparas de 150W) e de 16 unidades de lámparas de 150W que substituirán as actuais de 250W.